O concello de Ribadavia celebrou hoxe a mesa de coordinación contra a violencia de xénero

Hoxe na mesa de seguimento contra a Violencia de Xénero, a Alcaldesa do Concello de Ribadavia, Noelia Rodríguez mantivo unha xuntanza para informar da situación e análise das vítimas no concello de Ribadavia. Participaron ademais; – Concelleiro de Servizos Sociais, Brais Fidalgo- Xefa da Unidade Contra a violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias – O representante do EMUME, Aser Moreiro – A Garda Civil de Ribadavia, o Brigada José Pérez – Traballadores Sociais do Concello de Ribadavia, Justo Fernández e Paulina Deaño.- Traballadora Social do Centro de Saúde de Ribadavia, Rosa González e as Representantes do Ceip e Ies Ribeiro.

Ademais das actividades levadas a cabo con motivo do 25N, durante os meses de xullo, agosto e setembro, no Concello de Ribadavia, puxemos en marcha un programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, denominado “LOLA TOUZA”, no que se deu atención, apoio e orientación ás mulleres vítimas e aos seus fillos e fillas.

AVANTAR ACTIVIDADES

As mulleres en situación de vulnerabilidade foron atendias por medio dun servizo integral e personalizado a través de atención psicolóxica, xurídica, laboral e social. O balance de vitimas a nivel provincial a día de hoxe, é de 380 mulleres vítimas de violencia de xenero e no propio concello son 4 os casos activos, dous deles de risco baixo e 2 non apreciado.

Mediante xornadas como as do programa “Lola Touza”, procuramos concienciar e sensibilizar á sociedade e facer reflexionar sobre a magnitude da violencia. Tanto educadoras como os membros da mesa, consideramos que a educación é a base para ésta concienciación e, non só nos centros educativos é donde hai que levalos a cabo, senón tamén no entorno familiar.