O PP de Ourense contribuirá á chegada de Casado á presidencia “grazas á nosa ampla representación no territorio”

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Baltar, trala reunión de presidentes provinciais do Partido Popular celebrada en León

Baltar subliñou a confianza dos líderes provinciais en obter o resultado electoral necesario nas próximas xerais “que garanta un goberno que pense no conxunto dos cidadáns e do país, e non como estamos a ver pactando uns orzamentos que se esquecen das provincias nas que estamos a loitar en clave de reto demográfico”

HIPER MASIDE

O presidente provincial do populares, Manuel Baltar, afirmou que “o PP de Ourense contribuirá á chegada de Casado á presidencia do Goberno grazas á nosa ampla representación no territorio, que é unha das grandes fortalezas que ten a nosa formación”.

Manuel Baltar valorou así o encontro que os presidentes provinciais e insulares do PP celebraron en León, convocatoria que contou coa presenza do presidente nacional, Pablo Casado, o secretario xeral, Teodoro García Egea, a vicesecretaria nacional de Organización, Ana Beltrán, e o presidente do PP de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco.

“A política local e provincial non só é fundamental pola proximidade aos cidadáns, senón porque desde eses gobernos, como tamén dos autonómicos, os partidos gañan en representatividade e están en condicións de gañar unhas eleccións”, dixo o presidente dos populares ourensáns, lembrando ademais unha das súas máximas: “sen partido non hai goberno”.

Do encontro de hoxe Baltar subliñou a confianza dos líderes provinciais en obter o resultado electoral necesario e suficiente nas próximas xerais, “que garanta un goberno que pense no conxunto dos cidadáns e do país, e non como estamos a ver acordando as máis incribles prebendas que rachan España para pactar uns orzamentos que, sobre todo, se esquecen das provincias nas que estamos a loitar en clave de reto demográfico”.