A FEMP reúne hoxe en Ourense a súa Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares

Os presidentes provinciais de toda España danse cita este luns, 6 de febreiro, nun plenario que se desenrolará no Marcos Valcárcel

Ourense, 5 de febreiro de 2023.- Presidentes provinciais de toda España reúnense mañá, luns 6 de febreiro, na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O encontro comezará ás 12,00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, exercendo de anfitrión o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e presidindo o presidente da Comisión e da Deputación de Jaén, Francisco Reyes, e o vicepresidente da Comisión e titular da Deputación de Almería, Javier Aureliano García. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar resalta a importancia de converterse Ourense “na capital dos gobernos provinciais de España” e agradece a decisión da FEMP: “A elección de Ourense como sede, por primeira vez, da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares supón un recoñecemento explícito á labor deste goberno provincial, convertido nun referente de boa xestión económica, transparencia e planificación”. 

Esta reunión nace dunha proposta do presidente da Deputación de Ourense ratificada no encontro que este órgano -ao que pertencen o medio centenar de presidentes provinciais de España- mantivo en outubro pasado en Cáceres. No encontro de mañá abordarase, entre outros temas de cooperación, o gran de execución dos fondos europeos parte dos gobernos provincias e a súa distribución nos territorios, ademais do desenvolvemento do proxecto “A administración preto de ti”, realizado en colaboración co Ministerio de Política Territorial, e outros puntos de interese para os gobernos locais co horizonte do 2023-2027.

Media hora antes do comezo da Comisión, ás 11,30 horas, Manuel Baltar, Francisco Reyes, Javier Aureliano García e o secretario xeral da FEMP, Carlos Daniel Casares, comparecerán en rolda de prensa na sala de prensa do Pazo Provincial. A rolda de prensa poderase seguir en directo a través deste enlace: http://depourense.seneca.tv/library/lives