Marina Ortega insta á Xunta a mellorar o centro de saúde do Carballiño e a súa central de chamadas

IES CHAMOSO LAMAS

O grupo socialista urxe un incremento de persoal, así como a recuperación da sala de espera de Radioloxía

A responsable de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de instar á Xunta de Galicia, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento de Galicia, a ampliar e mellorar o Centro de Saúde do Carballiño e a súa central de chamadas ante “constantes recortes”.

HIPER MASIDE

Ortega urxiu o incremento de persoal médico nas áreas de Medicina de Familia e Xinecoloxía, así como o persoal de Psicoloxía, Fisioterapia, Enfermaría, auxiliar de enfermaría e persoal administrativo. Ademais, instou a mellorar a central de chamadas e a recuperar a sala de espera de radioloxía.

“O Carballiño ten un centro de saúde moi pequeno para poder dar un servizo sanitario adecuado, tendo en conta o gran aumento do número de consultas, o que supón que os pacientes de Radioloxía agarden acumulados nun corredor”, denunciou. Ademais, Ortega criticou que o servizo de Psicoloxía Clínica leve “máis de seis meses sen prestar servizo” no centro, “nun momento de moita demanda tendo en conta o contexto derivado da pandemia”.

A responsable socialista incidiu na importancia de mellorar as instalacións, así como de ampliar o persoal sanitario do centro de saúde, tendo en conta que a maioría de servizos atenden a toda a comarca, un dos núcleos de poboación máis grandes da provincia