A Copa Deputación de Fútbol fai públicos os enfrontamentos do próximo 6 de xaneiro

IES CHAMOSO LAMAS

A 41ª edición da Copa Deputación de Fútbol celebrou onte o sorteo no que souberon os equipos que se enfrontarán neste campionato. Nesta copa participarán un total de 64 equipos: seis de categoría Preferente Galicia, 17 de Primeira Galicia e 41 de Segunda Galicia.

Os enfrontamentos serán: Sporting Carballiño contra o Parada de Sil; Muntián contra o Cea. Cenlle fronte ó Monterrey; Toén fronte O Irixo; Outomuro contra o Leiro; Ribadavia Atlético fronte o Sporting Vilamarín; Maside fronte a Peroxa; Cortegada fronte o Cartelle e Francelos contra o Ourense.

SPORTUR GALICIA 2022

A eliminatoria será a partido único, e terá lugar o 6 de xaneiro de 2022. O próximo sorteo será o día 10 de xaneiro, volvendo a enfrontar ós clasificados.