O Carballiño suma 10 contaxios ata un total de 107 casos activos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 124 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 10 contaxios, ata os 107 casos activos. Maside baixa dos 5 ós 7 contaxios. San Cristovo de Cea sobe un caso ata os catro contaxios. O Irixo sobe un caso ata os tres contaxios. San Amaro  e Boborás contan con dous casos activos cada un deles. E Piñor conta cun caso activo.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Ribeiro, Ribadavia sobe nove casos ata os 33 contaxiados. Carballeda de Avia sobe sete casos ata os 13 contaxios. Melón mantén 11 positivos. Leiro mantén seis casos activos. Cortegada duplica a cifra ata os catro contaxios. Cenlle e Castrelo de Miño contan con tres casos cada un deles. Beade e Avión contan con dous contaxios cada un deles.

A comunidade galega rexistra hoxe 670 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 9.028, máis de dous milleiros nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 35 (-1) están en UCI e 211 (+50) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 158 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.241 casos activos, 428 casos máis nesta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 66 (+17) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+1)  na UCI.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------