O Bng de Ribadavia esixe unha alternativa á non apertura da piscina municipal

É a xente menos adiñeirada quen máis a necesita.

Publicidade

. Logo da decisión do goberno municipal de non abrir as piscinas municipais esta tempada, hai que darlle unha alternativa á xente para o baño e o lecer.

Dende o BNG de Ribadavia imos pedir datos concretos do custe que para o concello suporía a adaptación das instalacións aos protocolos requiridos e valoraremos se pagaba ou non a pena a apertura das instalacións da piscina.

O máis importante é que a nosa veciñanza teña alternativas de lecer na tempada estival, que Ribadavia ofreza baño e tempo libre para a súa propia xente e máis quen nos visite, nun concello no que faltan cursos fluviais e espazos naturais.

Hai quen ten piscina privada ou pode ir de vacacións, pero moitas das nosas familias non poden, polo que imos esixir ao concello que prepare zonas de baño e lecer á beira dos nosos ríos, con servizos de limpeza e salvamento que se prestarían nas piscinas:

– zona recreativa da Veronza, beiras do río Avia no casco urbano de Ribadavia nas inmediacións da piscina municipal

– o Pociño de Francelos, río Outeiro

– beiras do Miño en Ventosela e San Paio

– beiras do Avia nas zonas recreativas de San Cristovo e A Quinza

Deste xeito ofreceríanse amplos e diversos espazos evitando as aglomeracións e permitindo manter as distancias de seguridade. Asemade, dispoñeríanse de espazos de baño e lecer repartidos polas distintas parroquias do concello para o desfrute tamén de quen nos visite este verán.