Manuel Baltar expresa todo o seu apoio e do partido provincial “a un ourensán referente político en España e alternativa de goberno”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Feijóo foi quen de suscitar “a unanimidade de todos aqueles que cremos nunha formación política como o PP”, dixo Baltar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·      Engade que o consenso sobre súa figura é un sentir común “en Galicia e a nivel nacional como consecuencia da boa xestión, política e de goberno”

·      O presidente provincial destacou a súa condición de decano dos presidentes autonómicos. “Conta as súas campañas electorais por victorias: catro maiorías absolutas consecutivas”

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, expresou todo o seu apoio e do partido provincial “a un ourensán que se ten convertido nun referente político en España e que construirá unha alternativa de goberno a Sánchez e, polo tanto, será o próximo presidente da nación”. Manuel Baltar valorou así a decisión de Alberto Núñez Feijóo de presentar a súa candidatura á presidencia do Partido Popular nacional, tal e como anunciou durante a Xunta Directiva do PPdeG celebrada esta tarde en Santiago de Compostela.

Feijóo “e a súa condición de ourensán que lle acompañará nesta nova etapa”, enfatizou o presidente provincial, foi quen de suscitar “a unanimidade de todos aqueles que cremos nunha formación política como o PP, esencial para contar cunha verdadeira alternativa de goberno e que a democracia en España sexa unha realidade”. Un sentir común “en Galicia e a nivel nacional como consecuencia da boa xestión, non só política dentro da organización senón tamén dos sucesivos gobernos que leva presidindo en Galicia”.

Para Manuel Baltar non cabe dúbida algunha de que Alberto Núñez Feijóo “é o mellor candidato para presidir o partido en España ante a situación na que está a nosa formación política, logo do sucedido nas últimas semanas”. Decano dos presidentes autonómicos, “conta as súas campañas electorais por victorias: catro maiorías absolutas consecutivas igualando a Manuel Fraga, presidente e fundador do PP”. Por esta razón, dixo, “os populares galegos entendemos que debe adoptar esta decisión para converter ao PP nacional en alternativa de goberno a Pedro Sánchez”.