Os grupos políticos da corporación debatirán sobre a rehabilitación da antiga casa do pobo

Os representantes dos catro grupos políticos da Corporación municipal do Carballiño manterán unha xuntanza no vindeiro mes de Xaneiro co fin de consensuar un acordo sobre a rehabilitación e futuros usos da antiga Casa do Pobo. Este inmoble ubicado na rúa Murcia da vila foi obxecto dunha moción do Partido Popular, tratada na sesión plenaria de onte, e na que se solicitaba da Xunta a cesión ao Concello para a súa incorporación ao patrimonio municipal.