O Sergas xa administrou máis de 250.000 doses da vacina da covid en Ourense

O total de vacinas administradas na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é de 251.694 doses ata as inoculadas esta fin de semana. Ca pauta completa xa hai un total de 101.469 ourensáns.

Publicidade

Esta semana continuarase coa vacinación en grandes recintos das primeiras doses das persoas entre 50 e 59 anos e as segundas dos maiores de 60, nos hospitais públicos de Verín e Valdeorras e en Expourense. Punto de vacinación este último que se trasladará ao Pazo dos Deportes Paco Paz, desde este xoves, ata novo aviso. En paralelo, tanto no Hospital Universitario de Ourense como nos dous comarcais continúa a vacinación das segundas doses de persoal esencial. Para mañá martes hai chamadas 3.600 persoas.

Delas, 2.600 administraranse en Expourense, correspondentes á segunda dose de persoas maiores de 60 anos. No Hospital de Ourense están chamadas 330 persoas; no Hospital de Valdeorras, 370 persoas, e no Hospital de Verín, 310 persoas.