Comezan os primeiros encargos de cárnicos e peixe na Praza de Abastos de cara o Nadal

Dende fai un mes, púxose en marcha a campaña “Ilusiónate co Nadal na Praza de Abastos”. Esta iniciativa está enfocada a potenciar as ventas de produtos frescos, co premio de entrar no sorteo de dez cestas de Nadal, todas con produtos do comercio local, e caixas de viño Pazo Tizón. Estas datas son unha época importante de vendas, sobre todo tendo en conta a variedade de produtos do mar e cárnicos. A xente xa se está animando a facer as encargas de cara a estas datas.

Ademais, incluso está habendo moi boa aceptación por parte de compradores procedentes doutras provincias galegas, sendo esta unha época importante de vendas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais da carne, o marisco e o peixe son os protagonistas de cada Nadal. Tamén hoxe falamos co pescadeiro da praza, sobre os prezos que haberá para estas datas.