Gabriel Alén avalía cos xefes territoriais o estado dos investimentos da Xunta na provincia na última comisión territorial de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presidiu esta mañá a última Comisión Territorial deste ano, na que se deu repaso aos temas referidos á Administración autonómica nos concellos da provincia de Ourense.

Na reunión, que contou coa presenza dos xefes territoriais, analizáronse especialmente os anuncios por parte da Xunta dos investimentos en materia sanitaria. Ademais, na Comisión Territorial de Coordinación da Delegación da Xunta en Ourense tamén se aproveitou para facer un repaso dos investimentos recentes ou en marcha e das distintas achegas e programas do executivo autonómico na provincia de Ourense. O delegado territorial, Gabriel Alén, valorou moi positivamente o desenvolvemento deste tipo de comisións, “xa que serven para flúa máis dinamicamente a información de xeito transversal entre os distintos departamentos, analizar entre todos a casuística que se está a producir nos concellos da provincia e atopar as mellores solucións”.

AVANTAR ACTIVIDADES