O próximo luns remata o prazo para participar no concurso de decoración de nadal 2021 para comerciantes e hostalaría do Carballiño

Publicidade ASPADISI

O concurso ten como finalidade fomentar a participación do comercio e da hostalaría local no embelecemento e ornamentación do municipio, atraendo aos seus clientes a participar nun ambiente agradable de compra e consumo durante as datas de nadal.

Mediante o concurso premiarase o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros a través da imaxinación e a orixinalidade na decoración artística e tradicional do Nadal.

HIPER MASIDE

Poderán participar tódolos establecementos comerciais e hostaleiros do municipio.  Os premios serán o 1º Premio: 200 €, o 2º Premio: 150€, e o 3º Premio: 100 €, para o comercio, e os mesmos premios para a hostalaría.

A inscrición formalizarase por escrito presentando a documentación ata las 12:00 horas do día 20 de decembro de 2021 na sede electrónica do Concello do Carballiño ou ben de forma presencial no rexistro municipal.