Ribadavia pide que se reforcen as conexións coa estación de Ourense.

Desde o Concello de Ribadavia pedimos que se reforcen as conexións con Ourense tras a chegada do AVE. O AVE é unha fantástica noticia e unha oportunidade crucial sempre que se reforcen as conexións coas comarcas e vilas da área de Ourense. E Ribadavia e o Ribeiro deben ser cruciais nese reforzo.  
 
Hoxe mesmo, unha empresa de transporte por estrada anunciaba a adaptación dos seus horarios ao AVE/ALVIA de Ourense, reforzando a conexión con Vigo.
Nestas necesarias adaptacións non poden quedar excluídas as comarcas e vilas como Ribadavia.
Desde o Concello pedimos que se realicen paradas no servizo de transporte por estrada entre Ourense e Ribadavia para facer un AVE/ALVIA máis accesible. Así mesmo, pedimos que nas conexións con Vigo se teña en conta tamén a Ribadavia.  
 
Tren e Bus.  
Máis alá do AVE/ALVIA, na actualidade a oferta do servizo de bus e tren a Ourense non é compatible cun horario laboral ou de estudos.
Nese sentido, o Concello logrou recentemente o compromiso de RENFE  para reforzar nos vindeiros meses os horarios de tren, aumentando o servizo con un tren desde Ribadavia a Ourense ás 8.35h, e outro de volta a Ribadavia con saída de Ourense ás 21.01h.  
 
Desde o Concello pedimos que a oferta de transporte colectivo, de tren e bus, se adapten as necesidades reais dos nosos veciños.  
Desde o Concello temos solicitado reunións con representantes do Estado e da Xunta nas que trasladar esta reivindicación.  
 
A Alta Velocidade abre unha oportunidade para que Ribadavia e o Ribeiro poidan ser lugares onde vivir compatibles coa actividade nunha grande cidade.  
Este é o horario anunciado desde RENFE para o AVE e ALVIA, e que desde o Concello pedimos conecte con Ribadavia por Bus ou Tren.  

Pedimos que, ademais de  reforzar os buses e trens en horario laboral que unen diariamente Ribadavia e Ourense, tamén se coordinen e fagan coincidir horarios para que sexan compatibles os horarios da Alta Velocidade na estación de Ourense co desprazamento a outras estacións comarcais.  
Por poñer un exemplo, actualmente o AVE que chega a Ourense ás 10.35, os pasaxeiros non terían transporte a Ribadavia ata as 13h, en bus, xa que o anterior bus sae de Ourense ás 9h e o anterior tren ás 10.05h.  

AVANTAR ACTIVIDADES

HORARIOS:

Desde Ourense:  
AVE 6:30h, Madrid 8:45h .

ALVIA 11:02h, Madrid 13:42h .

ALVIA 12:58h, Madrid 16:06h .

AVE 16:25H, Madrid 18:40H.  

ALVIA 17:33h, Madrid 20:18h .

ALVIA 20:47h, Madrid 23:26 .

Desde Madrid:  
ALVIA Madrid 8:00h, Ourense 10:35h  
 
AVE Madrid 10:00h, Ourense 12:15h  
 
ALVIA Madrid 14:30h, Ourense 17:08h  
 
ALVIA Madrid 16:00h, Ourense 18:39h  
ALVIA Madrid 17:45h, Ourense 20:48h  
 
AVE Madrid 20:35h, Ourense 22:50h

O Concello temos solicitada unha xuntanza de traballo para abordar con representantes da Xunta e do Estado a situación do transporte colectivo no noso municipio e comarca.
 
O fito histórico da chegada da alta velocidade a Ourense abre unha xanela de oportunidade para toda a provincia e a mellora das nosas comunicacións, por iso a mellora das conexións do noso municipio coa cidade de Ourense é crucial para que este investimento tan importante teña o mellor o aproveitamento posible no desenvolvemento do noso territorio.
 
O Concello de Ribadavia ofrece a súa colaboración e implicación total para poder facelo posible.