Sobre as reunións en Nadal, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo fixo a recomendación estes días de minimizar o número de unidades familiares, a unha ou dúas, para manter o risco controlado. A Xunta apostará por non aplicar “nin restricións de aforo nin prohibicións” nas próximas datas do 24 e 25 de decembro, á espera da próxima celebración dun Comité Clínico a próxima semana.
Outra das medidas implantadas é a obrigatoriedade do uso da máscara en exteriores. E recordamos tamén que xa están activos os puntos de realización de test de antíxenos en aeroportos, estacións e nas cidades galegas.
VIDEO A partir do minuto 2:38