O transfuguismo fragua un novo goberno en Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Avelino Pazos, portavoz do Partido Popular, consegue a alcaldía mediante unha moción de censura que obtivo 5 votos a favor (tres dos populares e dous tránsfugos do PSOE) e 4 votos en contra (tres do BNG e un do PSOE)

Esta mañá celebrouse unha sesión plenaria extraodinaria no concello de Castrelo de Miño cun único punto na orde do día: moción de censura ó actual goberno local, dirixido polo Bloque Nacionalista Galego con Esteban Suarez ó mando. Esta moción saiu adiante deixando como resultado a Avelino Pazos, do Partido Popular, coma novo alcalde do municipio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nos intres previos a esta sesión puidéronse ver ós simpatizantes do Bloque Nacionalista e do PSOE nas inmediacións da casa consistorial con pancartas que rezaban “A democracia non se compra” e que mostraban o seu apoio a Esteban Suarez. Un apoio que tamén se puido ver durante a sesión, na que algúns dos asistentes increpaban ó portavoz popular durante o seu turno de palabra.

O que xa é ex alcalde de Castrelo comezaba o seu turno de palabra asegurando que “o posto que ocupará o portavoz do Partido Popular como novo alcalde será ilexítimo e fraguado nos despachos da Deputación, non avalado polos veciños nas urnas. Non goberna Avelino, gobernará Baltar”. No seu turno tamén recordou os anos de gorberno nacionalista nos que conseguiron a maioría e algunhas das oportunidades que trouxeron para o municipio e para os seus pobos. Ademáis, agradeceu ós veciños por darlle a oportunidade de demostrar o que podía facer polo seu pobo e asegurou que en 2023 volverían a loitar por estar ó mando de novo, anunciando que comzarán dende hoxe a facer oposición por Castrelo.

A intervención do xa alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, estivo interrompida polo público, que manifestaba a súa repulsa ante o que estaba a acontecer e entre o que puido escoitar estaba “a quen non queremos de alcalde é a ti”. No seu turno asegurou que o BNG e o PSOE tiveron un ano para lograr un pacto de goberno e cumplir con melloras para o concello e que, ó non facelo, os populares véronse na obriga de presentar esta moción. No seu segundo turno de palabra levou ata tres chamadas de atención por parte da secretaria, feito que estivo a piques de facer que se cancelase a sesión ca súa expulsión, ante a que conseguiu mediar Esteban Suarez para continuar co pleno.

Pola súa parte, a voceira do Partido Socialista, Catalina González, mostrou o seu rexeitamento ante o que estaba a suceder e asegurou que nos seguinetes comicios os socialistas velarán por quen vaia incluído nas súas listas para asegurarse de que todos eles teñan respeto polas siglas ás que pertenzan e para que non volva a acontecer o que tivo lugar hoxe. Para rematar, tendeu a súa man ó BNG asegurando que a esquerda debe estar unida, e asegurou que estará facendo oposición todo o que queda de lexislatura e vixiando as decisións que se tomen.

A xornada, previsiblemente difícil, contou con diversos momentos de tensión, para o que se contou ca presenza da Garda Civil e dos antidisturibios. A súa actuación foi necesaria cando, á saída do novo alcalde do salón de plenos, os simpatizantes do Bloque e do PSOE, reunidos nas inmediación, abuchearon a Avelino Pazos ata que chegou ó seu vehículo, ademáis de facelo tamén contra os dous tránsfugos socialistas.

Ademáis, cabe destacar a presenza de diferentes representantes políticos dos tres partidos presentes neste concello. Por parte do BNG acudiu Noa Presas, cabeza de lista en Ourense, ademáis de concelleiros nacionalistas. Por parte do PSOE, acudiu Marina Ortega, cabeza de lista por Ourense, ademáis de concelleiros socialistas da comarca do Ribeiro e do Carballiño, como Diego Fernández e Noelia Rodríguez, entre outros. E por parte do Partido Popular, presentouse Gabriel Alén, conceleiro en Cenlle e número sete no Parlamento de Galicia, ou a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, entre outros.