O BNG renova o seu consello local no Carballiño co obxectivo de “marcar a liña política nos concellos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A asamblea local do Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Carballiño apostou a finais do pasado mes de decembro pola renovación do seu consello local e decidiu apoiar maioritariamente a candidatura presentada por Manuel Chan Muñoz, que dende agora terá a responsabilidade de ser o seu voceiro e secretario local. A presentación da nova dirección dos nacionalistas carballiñeses tivo lugar esta mañá na súa, tamén nova, sede, ubicada nas Galerías Magariños. Alí estiveron, ademais de integrantes do novo consello local, Sarín Núñez, responsable comarcal e Lucía López, secretaria nacional da organización. Lucía López destacou que o BNG está “no seu mellor momento político como única alternativa ao goberno en Galiza”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola súa banda, Manuel Chan apuntou que “neste consello local quixemos compaxinar a experiencia coa renovación, co obxectivo de fornecer a organización tanto no Carballiño como nos concellos limítrofes e aumentar e consolidar a militancia e a representación institucional”, entre outros aspectos. O novo responsable local destacou a importancia do compromiso da militancia nesta nova andaina do BNG carballiñés. “que vén para marcar o rumbo político tanto no Concello do Carballiño como na comarca”.

Ademais de Manuel Chan, no renovado consello local do BNG figuran como titulares Áurea Francisco, ex concelleira no Carballiño; Eladino Cabanelas, ex edil en Punxín; Elvira Fernández, concelleira en San Cristovo de Cea; Manuel Caíña e Manuel Freixedo, como representante de Galiza Nova. Outros integrantes deste órgano de dirección son Luis Pérez, que foi responsable comarcal na comarca do Ribeiro e ex concelleiro en Leiro; Xulia Fernández e Andrés Fernández.