O Carballiño mantén a tendencia á alza, subindo hoxe once positivos ata os 154 contaxios

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 154 casos activos, once contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 38 casos, catro mais ca onte. Boborás baixa un caso ata os 16 contaxios. San Amaro e San Cristovo de Cea contan con 11 casos cada un deles. Punxín sobe catro ata os 15 contaxios. O Irixo, Piñor e Beariz contan cun caso cada un.

No Ribeiro, Ribadavia sobe nove casos ata os 57 casos activos. Melón sobe seis positivos ata 28 casos activos, Carballeda de Avia sobe ós 16 casos. Leiro mantén os 10 casos e Avión mantén os 9. Cortegada sobe ós 8 casos, Arnoia sobe ós 6, Castrelo de Miño mantén 4 casos e Beade e Cenlle contan con dous casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 3,468 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un repute notable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 28.334, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 56 (+6) están en UCI e 249 (+3) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 422 contaxios novos, unha cifra que presenta o triple ca onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 3.052 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 43 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 9 (+3)  na UCI.