O Novo Cine de Leiro ofrece catro filmes para os próximos días

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira, sobre todo pensando nas datas nas que estamos, con días festivos e cos máis pequenos aínda de vacacións. Para iso ofrece catro filmes diarios, dende mañá venres día 31 ata o día de reis, 6 de xaneiro.

Poderase desfrutar de “Canta 2”, todos os días, salvo o luns e martes, en sesión ás catro da tarde. O luns e martes, ás catro da tarde, o filme de Disney “Encanto”. Tamén o luns e martes, o filme “West Side Story”, en sesión ás 18:15 horas. Todos os días salvo o luns e martes, a nova entrega de “Spider-Man”, en sesión ás 18:15 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES