Presentación dos concertos da ICCWEEK 2020. Están presentes Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Manuel Araujo e Juán Rivas (Organizadores da ICCWEEK) e Aurelio Gómez Villar (Asesor de cultura da Deputación Ourense).

Despois da xuntanza do presidente da Diputación de Ourense, Manuel Baltar, cos organizadores da Ourense ICC Week, e en cumprimento das medidas sanitarias aprobadas pola Consellería de Sanidade nas últimas horas, así como para garantir o mantenemento de todos os protocolos Covid-19 nun grao óptimo, a organización da Ourense ICC Week decidiu aprazar os concertos do vindeiro sábado de Juan Perro, programado para Ribadavia, e a sesión vermú (gratuíta previa inscrición), que estaba prevista nesa mesma localidade o sábado coa presencia de Anni B Sweet, Yawners e DJ Isaac Pedrouzo.  As datas definitivas daranse a conocer nos vindeiros días. 

O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil mantense como escenario da primeira xornada desta edición especial da ICC Week, e acollerá o encontro do Consello Asesor de Cultura de Ourense, onde se analizará o futuro do sector cultural despois do COVID, ademais da entrega dos premios “Rodolfo Prada” á xestión cultural e “Xosé Aurelio Carracedo” de xornalismo. A xornada inaugural contará tamén coa conferencia de Óscar Mariné, destacado deseñador, ilustrador, tipógrafo e artista. A charla poderá ser seguida en directo pola canle de Youtube da ICC Week, na web da Diputación de Ourense e na web de La Región. 

As charlas e relatorios mantéñense no programa, pero cambian a súa ubicación e celebraranse no Centro Cultural Marcos Valcarcel, sen acceso para o público. Todas poderán ser seguidas en directo por streaming na canle de YouTube da ICC Week, na web da Diputación de Ourense e na web de La Región

O programa das charlas queda configurado coa intervención da musicóloga Erea Carbajales, sobre a evolución da música nos videoxogos, prevista para o xoves 8 ás 10 de mañá, e o relatorio de Oscar Mariné que aportará a súa ollada como referente do deseño, e que se mantén o xoves ás 12.30 horas. A mesa redonda sobre as oportunidades da Industria dos videoxogos, na que Kiko Béjar, Roberto Yeste e Sonia Herranz aportarán -vía streaming- a súa visión do sector, celebrarase ás 17.45 horas.

O venres 9, o protagonista será Alejo Stivel, cunha conferencia sobre a figura do produtor musical, prevista para as 12.30 horas e o programa péchase o sábado 10 coas reflexións do filósofo e escritor Ernesto Castro sobre a democratización da fama na era das redes sociais, desde as 12.00 horas. A conferencia de Santiago Auserón prevista para o venres e o espectáculo de monólogos COMICAMENTE, programado para A Rúa  quedan aprazados para novas datas que será anunciadas proximamente.  


Con esta reprogramación e maila aposta polo streaming e os eventos sen público, a Diputación de Ourense e os responsables da ICC Week manteñen, con toda a seguridade,a cultura viva e activa durante esta Semana das Industrias Culturais e Creativas. 

Toda a información actualizada sobre as actividades da ICC Week pode atopase  en www.ourenseiccweek.com  e nas redes sociais da ICC Week.