O Grupo de Emerxencias Municipal suma 10 traballadores grazas á bolsa de emprego

De novo, repetindo o mesmo proceso de contratación, o concello do Carballiño bota man da bolsa de emprego para reforzar o Grupo de Emerxencias Municipal con dez efectivos. Esta renovación é tan necesaria xa que no pasado mes de decembro remataron o seu contrato 12 traballadores. O Plantel conta con oito traballadores, e dende onte, 1 de febreiro, está reforzada con estas contratacións.

O Grupo de Emerxencias Municipal ten unha gran importancia a nivel de actuacións, exclusivamente no concello. Naceu a creación do propio concello, logo da desaparición do antigo Grumir, e canto se crearon nos concellos da contorna os GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais), que ó Carballiño non lle correspondía ó contar co Parque de Bombeiros.

AVANTAR ACTIVIDADES