O presidente Manuel Baltar incorpora ao xornalista Javier Rey como asesor de comunicación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación incorpora a este xornalista para o gabinete de Presidencia. Asume a comunicación institucional e a relación do goberno provincial cos medios

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar remarca a profunda aposta da Deputación pola excelencia: “Esta institución conta cos mellores profesionais baixo unha soa clave: Ourense”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, incorporou onte como asesor de comunicación do seu gabinete ao xornalista Javier Rey Veloso. O novo responsable de prensa encargarase de trasladar a comunicación institucional e a relación do goberno provincial cos medios. Desde a súa experiencia profesional, Javier Rey sumará á institución o seu coñecemento do territorio e a sociedade ourensá.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, remarca a profunda aposta da institución provincial pola excelencia: “Como demostramos co deseño dos proxectos para captar os fondos Next Generation e en tantas outras liñas de traballo, a Deputación conta cos mellores profesionais baixo unha soa clave: Ourense”. O líder provincial destaca a importancia de ser unha administración pegada ao territorio e aberta á sociedade: “Esta capacidade, ser unha administración esponxa, mellóranos día a día nun camiño realmente apaixonante. E permítenos seguir captando talento para mellorar e crecer da man de Ourense”.

“É unha honra incorporarme a este equipo. O proxecto de Manuel Baltar é unha motor clave para esta provincia: Ourense ten moitas posibilidades e a Deputación é un dos actoresr de cambio fundamentais para acelerar as nosas potencialidades”, explica Javier Rey. O xornalista incorpórase como persoal eventual e substitúe no posto a Fernando Rodríguez Méndez.

Traxectoria profesional

Javier Rey (1988) licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu a súa etapa formativa no Diario de Ferrol e no Diario AS antes de incorporarse en 2013 La Región, periódico onde desenvolveu principalmente a súa carreira: foi responsable da páxina web, da sección de Local e redactor xefe, cargo que desempeñou ata agosto de 2020. Na súa última etapa, Javier Rey traballou de colaborador para La Región e realizando informes para a empresa pública Seaga.