Hoxe, no espazo de entrevistas de Badal Televisión, Acotío, estivo con nós Clara Vázquez, integrante do grupo de teatro carballiñés Dar Trela. Neste encontró fixemos un repaso pola actividade continua que está a facer este grupo, que non fixo un descanso nin sequera durante a cuarentena. Falamos dos últimos proxectos, coma unha representación teatral da primeira Festa do Pulpo ou da xira de Risoteatria que comezan mañá en Maside e que estará en marcha todo este mes.