A Festa do Pemento e o seu producto son a de maior convocatoria das que se celebran neste municipio. Nesta edición, aínda que non se celebrará con normalidade, terá lugar dende mañá venres día 31 ata o domingo día 2 de agosto. Este ano so se poderá degustar nos bares do municipio, recollendo o producto ou comendoo no propio establecemento.

Para elo deberánse comprar tickests antes de cada comida nos locais que participan na iniciativa, que son A Manola, A Lareira, A Ourense pola Vella, Hotel Balneario Caldaria, Bar Industrial e O Inquiau. Os horarios destas xornadas gastronómicas serán ó mediodía de 12 horas a 16 horas e pola noite de 20 horas a 22 horas.

Os tickets e a información sobre o evento poden consultarse na súa páxina web: www.pementosdearnoia.com.