Podemos pide a colocación de dispensadores de xel hidroalcohólico en varios puntos da vila

Segundo a formación de Podemos, un dos puntos fundamentais para evitar a propagación e contaxio da COVID-19 ben marcado polo correcto uso da mascarilla e pola limpeza e desinfección de máns cando estamos fora dos nosos fogares e temos que interactuar con outras persoas en lugares onde é difícil manter a distancia mínima de seguridade.
Pero aseguran que hai outros sitios que habitualmente se frecuentan e que son focos importantes de contaminación como por exemplo aseguran que se trata dos caixeiros automáticos das entidades bancarias.
Segundo comenta a formación, en ditas instalacións pertencentes as distintas entidades financeiras ubicadas no Concello do Carballiño, afirman que se pode ver a inexistencia de dispensadores de xel, luvas e papeleiras. Segundo afirman dende Podemos, noutros concellos da provincia xa se tomou como medida a colocación de dispensadores de xel en diversas zonas.
Dende O Círculo de Podemos no Carballiño recalcan que queren ir un pouco máis alá á hora de velar pola saúde da veciñanza do Carballiño e pola xente que se despraza a nosa vila dende vilas limítrofes, e aseguran que tamén sería moi acaida a colocación de estas ferramentas de seguridade sanitaria nas entradas da Praza de Abastos e nas Rúas de maior afluencia da vila, sobre todo tendo en conta a ubicación dos postos os días de feira.
Neste sentido, presentaron un escrito no concello destinado a que se debata no próximo pleno e no que piden que se inste ás distintas entidades financeiras con oficinas no Concello a colocación de dispensadores de xel hidroalcólico, luvas e papeleiras para a súa retirada unha vez feitas as transaccións pertinentes nos distintos caixeiros automáticos. Tamén piden ó concello que proceda a colocar este servizo noutras zonas da vila, sobre todo nas de maior alfuencia.