A saúde mental como un asunto persoal e colectivo no programa Rosalía en Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Grazas as nove veciñas que participaron no obradoiro sobre saúde mental que tivo lugar o pasado mércores, 17 de setembro ás 16.00 h no salón de actos do Concello de Sandiás.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tratouse da importancia da nosa saude mental. Que entendemos por saude mental, como xestionamos os nosos momentos de frustración, ansiedad, emocións, estrés…

Ante unha sociedade moi marcada polo estrés, a ansiedade, o sufrimento, a depresión… o autocuidado e a necesidade dunha boa rede social de comunicación son claves para mellorar o benestar emocional e mental. O obradoiro foi impartido pola psicóloga do Programa Rosalía, Emma. Preto de dúas horas reflexionando sobre a saúde mental das mulleres e compartindo opinións e experiencias sobre como se valoran a si mesmas e a influencia da saúde mental na saúde física.

Tamén reflexións sobre o impacto do patriarcado na saude mental e na construcción do benestar desde o autocuidado.

O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da Comarca da Limia!.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------