O ciclo de proxeccións ó aire libre “Flores de cine” comeza mañá ca película “Listen”

IES CHAMOSO LAMAS

Esta semana comeza cunha nova edición de Flores de cine, o cine ao aire libre que o Cine Club organiza ininterrumpidamente no barrio de Flores dende fai 12 anos, pandemia polo medio e todo.

Este ano contan ademais coa colaboración do OUFF. Os días escollidos serán o 12, 13 e 14 (martes, mércores e xoves) de xulo, en horario de 22:30 horas, e o lugar o mesmo que o ano pasado, entre a Bodega e a antiga Canella. O foro está limitado a 50 cadeiras. Mañá comezarán cun filme portugués, “Listen” , dirixido no ano 2020 por Ana Rocha, e que levou o Premio á Mellor Ópera Prima no Festival de Venecia.

OZOCOgz Deseño Galego