O campionato de Galicia de autocross arrinca esta fin de semana en o Castro

O Campionato Galego de Autocross comeza esta fin de semana en Taragoña (Rianxo)
coa celebración da 27ª edición do Autocross O Castro.
En total serán case 40 equipos os que se darán cita no trazado costeiro, divididos nas
catro categorías puntuables (-1.600, +1.600, car cross e car cross junior), nunha
xornada de competición que comezará as 11 da mañá coas primeiras mangas
clasificatorias e que rematará pasadas as 19:30 horas despois das finais (comezan as
18:45 horas).
Entre os inscritos, os principais protagonistas da tempada 2022, cos cinco primeiros
clasificados da categoría de carcross na lista (Javier Ramilo, Rubén Barreiro, Antón
Muiños, Alberto Lorenzo e José Domínguez), ao igual que os tres primeiros da clase I
(Rubén Uzal, Martín Castro e Eloy Castro) e o segundo e terceiro da clase II (Cristian
Gómez e David Blanco).
No caso dos Carcross Júnior, haberá catro inscritos co campión Iago Rodríguez
defendendo o título ante Daniel Gayoso, Diego García e Yésica Lorenzo.
O Castro é a primeira das sete probas puntuables co Campionato Galego de
Autocross.