A celebración da ‘Festa do Pulpo’ deixou 260 toneladas de lixo durante esta pasada fin de semana

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño acolleu durante a fin de semana grande da 64ª Festa do Pulpo a milleiros de persoas que se achegaron a desfrutar da celebración gastronómica. A asistencia masiva obrigou, un ano máis, a redoblar os esforzos dos servizos de limpeza por manter aseadas as rúas do casco urbano e o propio Parque Municipal, epicentro da festa.

Desde o sábado ata esta mañá, os equipos recolleron un total de 258,82 toneladas de basura entre as rúas, o Parque Municipal e os contedores urbanos e rurais.

Nesa liña, desde a Concellería de Benestar Comunitario, dirixida por Rosa Fuentes, destacan a gran labor levada a cabo polos traballadores de Limpeza Viaria, da Deputación de Ourense e Grupo de Emerxencias, así como a colaboración da Policía Local. “Grazas ao seu traballo e esforzo durante toda a fin de semana, as rúas da vila amaneceron xa limpas tanto o domingo coma hoxe, luns”, resalta Fuentes.

En particular, no Parque Municipal, onde onte se celebrou a Festa do Pulpo e a Festa da Xuventude, recolléronse 21,12 toneladas de lixo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------