Carballiño colabora con Aspadisi

IES CHAMOSO LAMAS

A asociación Aspadisi comezou a construción dunha residencia, que estará no primeiro piso das súas actuais instalacións. Esta nova planta contará con 16 habitacións, que darán acollida a un total de 32 prazas.

A directiva desta entidade compareceu para buscar axuda social para este fin. Actualmente, o presuposto deste proxecto ascende a un millón de euros, cantidade ca que xa contan, ou confirmada ou comprometida tanto por administracións coma tamén algunhas empresas do ámbito privado.

HIPER MASIDE

A petición radica en conseguir a financiación de 200.000 euros, destinados a adaptar esa instalación para o seu uso diario. Para iso fan un chamamento á veciñanza do Carballiño e do Ribeiro, para que aporten o seu gran de area, por pequeno que sexa, recordando que as colaboracións sociais repercuten en beneficios na declaración da renta, sempre e cando teña dereito a devolución.

As doazóns poden facerse en calquera das seis entidades bancarias do Carballiño, dando o nome completo e en concepto “Doazón para Aspadisi”.

Ademais de ser un soño a creación desta residencia, é unha necesidade, xa que os usuarios teñen unha idade avanzada que ronda os 40 anos, e por conseguinte, a idade dos seus proxenitores é tamén avanzada.

Ademais destas melloras, dende a dirección teñen a intención de modificar os estatutos e o nome da asociación, para que inclúa non so a usuarios da comarca do Carballiño, se non que amplíe territorio ó Ribeiro.