Fundación Once financia con 412.000 euros 40 proxectos de Cogami e as súas entidades para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Fundación ONCE, a través da convocatoria de Plan de Prioridades que xestiona COCEMFE, concedeu unha subvención de 412.000 euros a COGAMI para financiar os proxectos que presentou xunto ás súas entidades membro, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas que representan.  

Durante este ano, 28 entidades do movemento asociativo de COGAMI están a desenvolver 40 proxectos a través desta subvención, dos que 38 están relacionados coa atención para a autonomía persoal e vida independente, 1 para a creación e consolidación de prazas ocupacionais e outro dirixido á mellora do servizo de transporte adaptado. Dende a Organización contabilizan como beneficiarias a un total de 3.090 persoas usuarias das asociacións membro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A finalidade de todos estes programas é conseguir mellorar a condicións das instalacións e a calidade dos servizos, de xeito que repercuta no apropiado desenvolvemento das accións dirixidas a potenciar a autonomía persoal, a vida independente e a mellora da calidade de vida das persoas usuarias e familias.

Adquisición de mobiliario, a instalación de baterías de acumulación de enerxía solar, a mellora do equipamento para a realización de actividades, obras de mantemento exterior, a instalación de iluminación, a renovación dunha caldeira e o deseño e creación dun xardín sensorial e terapéutico, son os proxectos que levará a cabo COGAMI durante este ano para a mellora dos seus centros de atención diúrna que ten nos concellos de Lugo, Silleda e Mos.

Programas das entidades membro de COGAMI

As entidades de atención sociosanitaria que forman parte de COGAMI, a través do Plan de Prioridades, poden poñer en marcha iniciativas como o servizo de atención, asesoramento e información a persoas con cuagulopatías para o fomento da autonomía persoal da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO); o servizo de atención integral para persoas con fibrose quística da Asociación Galega de Fibrose Quística (AGFQ); fisioterapia especializada para persoas con linfedema e lipedema que realiza a Asociación Galega de LInfedema (AGL); o programa de atención psicolóxica para persoas afectadas con enfermidade renal de ALCER LUGO; para o programa de atención integral para persoas diagnosticadas con esclerose múltiple de ALUCEM; o proxecto de rehabilitación fisioterapéutica para persoas con párkinson e enfermidades raras; atención social a persoas afectadas de esclerose múltiple e para unha vivenda de estancia temporal para pacientes oncolóxicos e familiares de ASOTRAME. 

Outros programas contemplados por este Plan de Prioridades da Fundación ONCE son de atención temperá e discapacidade infantil da asociación Misela e o de prevención e atención dos trastornos de desenvolvemento infantil da asociación Vontade, fisioterapia para persoas con amputacións da entidade AGAPA, atención psicosocial e rehabilitadora a persoas con firbromialxia de AFFOU, orientación e asesoramento de persoas con enfermidade inflamatoria intestinal de ACCU, atención social especializada para persoas con escleroses múltiple  de AVEMPO e vida autónoma das persoas afectadas con esclerose múltiple de Asem Galicia.