O PP critica a inacción do goberno do Carballiño no novo centro de saúde

IES CHAMOSO LAMAS

Tras a última Xunta de Voceiros, convocada para darlle forma á proposta de terreos necesarios para a ubicación dun novo Centro de Saúde, o Grupo Municipal do Partido Popular, critican que o concello debería de ter feito un concurso público no que fose transparente en canto as necesidades de parcela, condicións urbanísticas e prezo máximo que estaría disposto a pagar; e xa cunha partida orzamentaria prevista, para que todos aqueles donos de parcelas interesados en ofertalas puidesen presentar as súas propostas e o Concello valoralas segundo criterios obxectivos e claros.

Isto non se fixo, polo que consideran que o concello alómenos debería de ser quen de valorar primeiramente todas aquelas ofertas que de forma voluntaria se teñan presentado por rexistro no propio Concello por parte de propietarios de solares, de forma que se poida ver con claridade as condicións do solar e o prezo que se pide, para poder ser valorados e se fose preciso, negocialos.

HIPER MASIDE

Ao Grupo Municipal do PP parécelle cando menos un atrevemento infundado, que sexanos grupos municipais quenes teñan que decidir sobre solares existentes sen ter un contacto e ofrecemento do seu propietario.

Motivado pola falta de solar municipal, ou concurso público previo, ou cando menos unha mínima negociación entre Concello e Particulares, o Grupo Popular só se ve capacitado para poder dar como solución aquela que está xa en mans da propia Xunta de Galicia, quedando a expensas de que se poida valorar algún outro solar particular que sendo ofertado por os seus donos, cumpra cos requisitos previstos pola Lei para a súa adquisición por parte do Concello do Carballiño, e que se poida adquirir nun prazo de tempo axeitado para que non se perda a inversión prevista por parte da Xunta de Galicia para a construción do que sería un NOVO CENTRO DE SAÚDE PARA O CARBALLIÑO.

Todo elo leva a que propoñan estudiar a ubicación do NOVO CENTRO DE SAUDE na propia parcela que hoxe alberga a Estación de Autobuses.

A día de hoxe existe o compromiso por parte da Xunta de Galicia de trasladar a actual Estación de Autobuses á propia estación do Tren, facendo así unha estación intermodal, moi necesaria no Carballiño, e que serviría para ordenar o transporte de viaxeiros en franxas horarias, principalmente con destino a estación intermodal de Ourense, con transportes terrestres y/ou ferroviarios en forma de lanzadeiras, adecuando os seus horarios ás saídas e chegadas a estación intermodal de Ourense.

Tan pronto se puidese asinar un convenio entre Concello, ADIF e Xunta, esta estación intermodal sería unha realidade, co que o edificio da actual estación de Autobuses quedaría sen uso, de forma que a Xunta podería dispoñer do espazo necesario para o Centro de Saúde, simplemente facendo un cambio de uso do solar.

O solar no que se ubica a actual estación de autobuses atópase na Avenida do Balneario, vía que conta cun ancho de 25 metros, y a que se pode acceder directamente desde a carreteira Xeral Ourense-Pontevedra N-541, da que dista uns 300 metros. Ao mesmo tempo está dentro do núcleo urbano, polo que o acceso a pé e factible para unha gran parte dos veciños.

Ademais da vía principal (Avda. Do Balneario), outras dúas fachadas dan a rúas públicas, as rúas Tras Campo da Feira e Rúa Tras Estación de Autobuses, de forma que tres das súas catro fachadas dan a unha vía pública.

As prazas de aparcamento existentes na zona non serían suficientes para a cantidade de vehículos que o novo centro de Saúde podería atraer, polo que, necesariamente, a infraestrutura debería contemplar a creación dun aparcamento. Como xa expuxemos a circulación de vehículos non debería ser un problema, xa que as vías que o circundan contan coa suficiente capacidade para soportar o aumento de tráfico que se espera, pero si sería necesario aumentar as zonas de estacionamento

– A planta inferior tería a súa entrada desde a Rúa Tras Campo da Feira, e nela se ubicaría o aparcamento.  Xa que a superficie do solar e de uns 2.800 metros, este aparcamento podería albergar entre 100 e 120 turismos aproximadamente, cantidade máis que suficiente para as necesidades da edificación, e mais tendo en conta que unha gran parte dos usuarios da instalación poderían acceder a pé.

– A planta intermedia, a que tamén se accedería ao nivel de calle desde a Rúa Tras Estación de Autobuses.

– Unha planta alta, ao nivel da Avenida do Balneario.

De acordo con esta proposta poderíanse alcanzar sen dificultade os 4.500 metros cadrados que se estiman necesarios para o novo Centro de Saúde, engadindo un aparcamento de mais de 100 vehículos; dito aparcamento sería tamén unha solución para os problemas de estacionamento na zona, xa que pode prestar servizo para as outras instalacións públicas da contorna, fundamentalmente para o Auditorio Manuel María, que se atopa na parcela inmediata.