A pesar da situación sanitaria e das previsións de choiva, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, non podían permitir que nin un so neno da contorna quedase sen celebrar este día tan máxico. No Carballiño, para poder acollelos con seguridade, o concello instalou unha carpa na pista vermella, para que os cativos e as súas familias puidesen recibilos, e tamén deixar as súas cartas antes da noite tan esperada.
Pero iso non foi todo. A xornada foi de moito traballo para os Reis e os seus paxes na nosa contorna, visitando a maioría dos concellos. Ademais, tamén estiveron esta mañá en Expourense, visitando ós mais pequenos nesta xornada de vacinación.
