Acotío con Manuel Amil da directiva de Aspadisi

O centro ocupacional de ASPADISI do Carballiño precisaba con urxencia contar cunha residencia para os seus usuarios e tamén para as súas familias. No pasado ano 2021, a súa directiva puxo en marcha a súa construcción, ca colaboración de administracións, empresas privadas e doazóns. Hoxe, Manuel Amil Otero, membro da súa directiva, fálanos de como van as obras de construción e de como será esa nova planta que dará espazo para 32 persoas.