O auditorio acolleu hoxe o primeiro cribado de antíxenos en saliva desta semana no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ante a masiva afluencia e saturación dos puntos de cribado voluntario habilitados nos centros de saúde o SERGAS abriu esta semana novos puntos para a realización de probas.

En Carballiño, no Auditorio Manuel María, os equipos estarán atendendo a todos os veciños e veciñas que desexen facer unha proba de antíxenos en saliva o luns 10 o mércores 12 e o venres día 14. O horario será dende as 15:30 ata as 20:30. En Ribadavia, faranse no Pavillón O Consello, no mesmo horario, pero será mañá martes e o próximo xoves día 13.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As citas esgotáronse practicamente en 24 horas, cunha demanda especialmente alta. Desde a Área Sanitaria analizaranse os resultados dos cribados e a evolución epidemiolóxica das comarcas para decidir ampliación ou continuidade.