Nestes próximos dous meses o Cine Club trae unha escolma dalgunhas das mellores películas desta tempada, con especial atención ao cine español.
Empezarán cunha película xaponesa, “La ruleta de la fortuna y la fantasía”, de Ryusuke Hamaguchi, Oso de Prata e Gran premio do Xurado no pasado Festival de Berlín, unha fermosísima película deste director que conta a través de tres historias as vidas de tres mulleres. A proxección será este venres día 14, ás 20:00 horas en castelán e ás 22:30 horas en versión orixinal subtitulada.