O Consello Regulador do Ribeiro dona o recaudado en “Cata a arte” a AFAOR

O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, a través da sétima edición do ciclo “Cata a Arte”. Fíxose entrega nun sinxelo acto á secretaria da asociación, María del Carmen Pérez Prieto, da doazón do recadado durante as catro catas celebradas a finais do ano pasado. O evento tivo lugar na sede de AFAOR e contouse coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares Gándara.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR) é unha  organización sen ánimo de lucro que leva 26 anos de traxectoria mellorando a calidade de vida dos seus usuarios e apoiando a coidadores e familiares.

AVANTAR ACTIVIDADES