“Mozambique, un país de oportunidades” foi o tema desenrolado na reunión mensual de Asociados de ASICOTUR, que acolleu representantes de 22 paíes.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Asociados e Delegados de ASICOTUR reuníronse virtualmente dende Angola, Arxentina, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Guatemala, Guinea Ecuatorial, México, Mozambique, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Santo Tomé  e Príncipe, O Salvador, Uruguay e Venezuela pra compartir as experiencias da Asociación en Fitur  2022, feria clave do turismo iberoamericano; e pra dar a benvida aos novos Delegados en Cabo Verde, Guinea Ecuatorial, e Panamá.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Presidente de ASICOTUR, Alejando Rubín, compartiu o traballo realizado na feria pola Xunta Directiva; con moitas citas de relevancia das que se espera saian adiante interesantes proxectos para a Asociación. Entre outras, se destacan as reunións co INPROTUR da Arxentina, coas autoridades turísticas do mexicano estado de Durango, coa Dirección do Programa Xacobeo, co EMBRATUR de Chile, ou coa Mesa de Turismo para España.

Os asistentes á reunión tiveron tamén a oportunidade de coñecer, da man do Delegado de ASICOTUR en Mozambique Yassin Amuji, as propostas deste experto turístico sobre o presente e futuro do sector no país africano. O poñente trasladou que o crecimento turístico do Mozambique dependerá da súa capacidade de aproveitar a rica biodiversidade do país para creares actividades, coma o ecoturismo ou o turismo rual, que sexan complementarias ao xa existente e exitoso modelo de turismo de sol e Praia. Plantexou, ademáis, diversas oportunidades de inversión no destino.

Varios membros da Xunta Directiva pecharon a reunión con intervencións en que actualizaban aos Asociados e Delegados sobre diversos temas en trámite, finalizando o encontró cun coloquio sobre os temas expostos.