Segundo o BNG, todos os anuncios do Goberno PP-DO referidos ao transporte público son “fume”

IES CHAMOSO LAMAS

Os nacionalistas chegan a esta conclusión logo de meses agardando contestación ás plantexadas na correspondente Xunta de Área a respecto da existencia de soporte legal e técnico aos múltiples anuncios feitos desde o inicio de mandato neste ámbito

Hai meses, na Xunta de Área de urbanismo e infraestruturas, o concelleiro Luis Seara preguntoulle ao Goberno Local, e relativo ao transporte público, se se ían retomar os convenios bilaterais cos concellos limítrofes anunciados ao comezo de mandato, cando Miguel Caride ostentaba aínda a Concellaría de Infraestruturas, e que virían a suplir a non implementación do transporte metropolitano, eterna promesa da Xunta de Núñez Feijóo.

SPORTUR GALICIA 2022

Segundo Seara, “o BNG xa alertou no pleno onde se debateu esta cuestión, que ademais de que o regulamento ía supor o finiquito do transporte metropolitano tal cual estaba previsto pola Xunta de Galiza, ía ter moitos problemas para a súa implementación”.

Pois ben, segundo se recolle na resposta trasladada polo Goberno presidido por Jácome ao Grupo Municipal do BNG, “os convenios bilaterais con concellos limítrofes teñen unha gran dificultade debido ás concesións de liñas existentes por parte da Xunta na actualidade”. O Goberno Local alude a que o feito anteriormente descrito “podería implicar compensacións ás actuais concesionarias destas liñas”.

No referido á posta en marcha do tan demandado pola veciñanza transporte metropolitano e polo que tamén preguntou o BNG, a resposta do executivo local é que “na futura licitación do servizo esixirase que os sistemas de axuda da explotación embarcada sexan compatibles coa tarxeta existente actualmente no transporte metropolitano”, concluíndo que en todo caso ao inicio deste ano no que andamos estudarase a mellor opción.

 Metrobus

No BNG tamén se interesaron por saber se os plans do alcalde Jácome de por en marcha o que el mesmo denomina, dependendo do día, metro-bus, conta con algún informe técnico que avale a súa implementación e sobor de todo, nos termos nos que o pretende facer o actual rexedor.

A resposta, de novo, volve deixar en evidencia que o goberno PP-DO móvese a golpe de ocorrencia e titulares pero que máis alá diso non hai absolutamente nada xa que na resposta dade recoñecese que “na actualidade non existe ningún informe técnico, se ben esta iniciativa, así como outras modificacións ou ampliacións do actual servizo público de viaxeiros, formará parte dos estudos necesarios que se están desenvolvendo”.