Carballeda de Avia celebra o Roteiro “Polas nosas mulleres”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Carballeda de Avia e a súa área de información para a muller organizaron hoxe a terceira edición do Roteiro “Polas nosas mulleres”. Con saída dende a praza de Muimenta, fixeron un percorrido de 5 kilómetros ata o campo de fútbol. Para rematar a xornada tiñan previsto un xantar popular.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A finalidade desta iniciativa dende a súa creación foi a de poñer en valor o papel da muller de Muimenta, e coñecer tamén os lugares senlleiros deste municipio.

A iniciativa naceu co obxectivo de que cada ano se celebre nunha parroquia do concello, para así chegar a todas as mulleres. En cada unha destas zonas teñen algo especial e características que dar a coñecer.