San Amaro recibe á directora xeral da Administración Local para visitar a renovación do alumeado

IES CHAMOSO LAMAS

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou as actuacións de reforma e mellora do alumeado público do concello con apoio da Xunta.

Natalia Prieto foi a responsable da financiación do alumeado público de San Amaro, gracias á colaboración entre concello e administración. A directora xeral animou a todos os concellos a que soliciten estas axudas, incluídas dentro do fondo de compensación medioambiental.

SPORTUR GALICIA 2022

O alcalde, Fernando Redondo, agradeceu a colaboración e a boa acollida por parte da Xunta de Galicia dos proxectos do concello. Referiuse a esta mellora do alumeado como algo esencial, xa que o anterior podía chegar a supor un risco polo seu estado.

Finalmente, remataron a visita no núcleo de Eiras, onde o alcalde solicitou a axuda da Xunta para a pavimentación do camiño que une os núcleos de A Reguenga con Eiras, demandado pola asociación de veciños de Eiras.