Un total de 240 viños da D.O. Ribeiro son distinguidos con medalla na “guía de viños e adegas de Galicia 2022”

Os autores da publicación, Luís e Alejandro Paadín, e o presidente do @Consello Regulador, Juan Casares, presentaron a nova edición da guía na sede do organismo, en Ribadavia

Un total de 240 viños da D.O. Ribeiro, resultaron como distinguidos pola Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2022, do catador, docente e catador, Luís Paadín e editada por Paadín.es. 22 referencias conseguiron a medalla de Gran Ouro, outras 20 lograron o recoñecemento de Ouro+, 144 viños a medalla de Ouro e outras 54 marcas foron distinguidas coa medalla de Prata.

AVANTAR ACTIVIDADES

A presentación da guía realizouse hoxe pola mañá na sede do @Consello Regulador, en Ribadavia, da man dos propios autores da publicación, Luís e Alejandro Paadín, e do presidente do C. R.D.Ou. Ribeiro, Juan Manuel Casares. Este último comentou que “cada ano percibimos un incremento no número de distincións (un total de 16 viños máis que o ano pasado) e isto é unha enorme recompensa ao bo facer dos viticultores e adegas da Denominación de Orixe”.

Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2022
É o décimo ano consecutivo que esta Guía edítase polo sistema de micro-mecenado, con 560 páxinas a cor e estando exenta de publicidade. Recolle máis de 1.500 viños e destilados catados de máis de 500 adegas e destilerías. Inclúe ademais mapas litolóxicos, de relevo, climáticos e pluviométricos de todas as DD. OO. Tamén harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España. E por último inclúe tamén unha nova árbore xenealóxica dalgunhas variedades de uva ancestrais de Galicia, así como unha ampliación de sinonimias e homonimias alcanzando a máis de 300 nomes de uvas galegas.

Listado de vinos distinguidoscon Gran Oro:

Vinos Blancos: Amadeus 2019, Cuvée Ugh 2019, Armán Finca Misenhora 2018, Armán Finca Os Loureiros 2017, Definca 2018, Emilio Rojo 2018, Fai un Sol de Carallo 2018, Finca Viñoa Embotellado Tardío 2016, Gomariz Finca O Figueiral 2018, La Bandida Finca Camineros 2019, La Sombrilla 2018, Libro 2019, O Gran Meín 2019, Ramón do Casar Lento 2017, Ramón do Casar Nobre 2019, Son de Arrieiro Lías 2016, Teira X 2019, Val de Naira 2019 y Viña de Martín Escolma 2017.

Vinos Tostados: Alma de Reboreda 2008, As Pasas dos Pasás 2011 y Tostado de Costeira 2013.