Acotío con Carlos Rodríguez: novo presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas e autor da novela “El hombre blanco del río Nieva”

Carlos Rodríguez, periodista, escritor e o último responsable de prensa do concello do Carballiño, foi elixido como o novo presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Hoxe falamos con el deste novo proxecto, e tamén do propósito de crear unha biblioteca cos libros e documentos da entidade para achegalos sobre todo ós mozos.

Ademais, Carlos tamén nos falará hoxe da súa primeira novela publicada, que verá a luz en apenas dous meses. “El hombre blanco del río Nieva”, está baseada na fantástica historia de Alfonso Graña: O rei dos xíbaros. Ao longo de 400 páxinas describe a incrible aventura deste emigrante nado en Amiudal (Avión). A novela foi unha das dez obras finalistas do Premio de Novela Fernando Lara, un dos de maior prestixio de España, en 2017.

AVANTAR ACTIVIDADES