O deputado do Bng, Néstor Rego, achegouse á cidadanía do Carballiño, arroupado pola concelleira Sofía García e o responsable local, Andrés Fernández

O deputado do BNG, Néstor Rego, participou nun encontro público coa veciñanza do Carballiño para falar sobre o papel do BNG no Congreso e a importancia de ter unha voz propia en Madrid. Estivo acompañado pola concelleira nacionalista Sofía García e o responsable local Andrés Fernández.

Falou onte tamén da súa postura na Reforma Laboral e de querer dar o seu apoio a un verdadeiro cambio e non ó que se aprobou.

AVANTAR ACTIVIDADES

Rego é crítico coa actitude do Goberno español, asegurando que a coalición PSOE-UP non ten moito interese en cumprir coa Galiza e cos compromisos asinados. Rego destacou o papel do BNG na aposta e defensa da modernización da rede ferroviaria interna da Galiza e criticou a supresión de liñas e frecuencias que conectaban O Carballiño con Ourense, e a eliminación da venda presencial de billetes.