Ribadavia propón un Orzamento 2022 de máis 5,3 millóns.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Supón un incremento de máis de 600 mil euros respecto ao ano anterior.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Plan de Obras e Axudas sociais destacan neste orzamento 2022.

O grupo de goberno ven de presentarlle aos grupos municipais a proposta de Orzamento para o 2022, no que destaca un importante incremento de 600 mil euros respecto ao anterior exercicio.

– O Concello destaca o incremento no departamento de Dereitos sociais, coa aprobación dunha Axuda mensual durante todo o ano para bens básicos das familias con menos renda. Debido ao incremento do custe da vida e dos prezos de consumo, desde o Concello quérese axudar aos veciños que máis o necesitan. Este programa social, chamado “Axuda de Dereitos Sociais”, foi creado polo goberno municipal en 2021 cunha duración de 6 meses. Agora amplíase a todo o ano, xa que o programa funcionou moi ben e supuxo unha importante axuda para moitas familias, o que supón unha axuda real en tempos de encarecemento da vida, xa que este bono mensual vai destinado a alimentación, factura luz, auga, calefacción ou vivenda.

– Tamén se destaca o incremento no capitulo de investimentos cun Plan de obras de máis de 120 mil euros destinado a: Rúa Veronza en Ribadavia, Rúa Laxas- Curceiriño en Francelos, así como Santo André, Ventosela, San Paio e a Franqueirán.

Ademais, da aportación municipal do Concello ao Convenio coa Confederación Hidrográfica para a renovación das canalizacións de San Cristovo.

Dereitos Sociais.

Ten un Orzamento de 614.652 euros, tendo 418.500 euros de ingresos e unha aportación municipal de case 200 mil euros de recursos propios.

Destacando o servizo de asistencia no fogar (SAF) do Concello, totalmente público cun orzamento de máis de 350 mil euros. Outros servizos: Xantar na Casa, Programas de Conciliación, axuda Material escolar, ademais do xa mencionado “Axuda de Dereitos Sociais”.

RESUMO ORZAMENTO 2022

– 2.600.000 para persoal e funcionarios, destacando a subida salarial do SMI, 70 euros mensuais, e o 2% a todos. Ademais, reforzase brigada obras, limpeza, e SAF.

– Gasto corrente, 1 millón 395 mil euros.

– Ampliación Ingresos: é posible grazas á participación nos ingresos estado como consecuencia compensación IAE solicitada desde o goberno, que nunca se tiña feito, e liquidación do IVE do 2017, así como tamén a venda dos inmobles do casco histórico. No Capitulo 1, destaca o IBI con máis de 1 millón.