O Centro Cultural Marcos Valcárcel estrea “Incendios e silencios” de Miguel Mosquera que converte ao lume forestal no eixo reflexivo da súa mostra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O creador ourensán reflexiona con variados elementos plásticos sobre os danos causado polo lume entre os anos 2017 e 2020 en Galicia e norte de PortugalOurense, 5 de xuño de 2024.O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle unha nova mostra nas súas instalacións: “Incendios e silencios”, obra de Miguel Mosquera que pecha en Ourense este proxecto artístico no que foi percorrendo lugares simbólicos arrasados polas vagas de lume que se produciron entre os anos 20217 e 2020 e que conformaron un cambio radical na paisaxe de moitos lugares da xeografía galega.O director da área de Cultura, Marcos Vázquez, asistiu esta tarde á inauguración desta exposición na que o creador ourensán ofrece ao visitante un espazo para a contemplación pero, tamén, para a reflexión pausada e serena, con elementos recollidos nos lugares queimados e coa utilización de variadas técnicas artísticas.Nesta montaxe-exposición que xa percorreu boa parte da xeografía galega e o norte de Portugal e que pecha no Marcos Valcárcel o seu itinerario vital, Miguel Mosquera non descarta ningún utensilio nin práctica que lle achegue contido expresivo ao seu relato. Tras recoller mostras da destrución, terras queimadas, restos vexetais calcinados, obxectos de manufactura humana reducidos a cinzas, marca os seus itinerarios en mapas, que se confunden co territorio e envásaas en “blísters” industriais, para expoñelos en mobles deseñados e ensamblados para a ocasión, presentación tan inesperada e contundente que non permite obviar as evidencias.A proposta desta exposición invita a varias reflexións críticas. Por unha banda, abre a porta a repensar a nosa propia relación co medio natural, e tamén, como non podía ser doutro xeito, sobre a nosa forma de construírnos como sociedade, crecendo de costas aos nosos espazos naturais e fomentando esa ilusoria dicotomía humanidade- sociedade. Por outra banda, tamén aborda esa evidente contradición entre mundo rural e mundo urbano e pon de manifesto esa contradición endémica entre a cultura tradicional e a cultura contemporánea.