Supón un incremento de máis de 600 mil euros respecto ao ano anterior.
Plan de Obras e Axudas sociais destacan neste orzamento 2022.
O grupo de goberno ven de presentarlle aos grupos municipais a proposta de Orzamento para o 2022, no que destaca un importante incremento de 600 mil euros respecto ao anterior exercicio.
– O Concello destaca o incremento no departamento de Dereitos sociais, coa aprobación dunha Axuda mensual durante todo o ano para bens básicos das familias con menos renda. Debido ao incremento do custe da vida e dos prezos de consumo, desde o Concello quérese axudar aos veciños que máis o necesitan. Este programa social, chamado “Axuda de Dereitos Sociais”, foi creado polo goberno municipal en 2021 cunha duración de 6 meses. Agora amplíase a todo o ano, xa que o programa funcionou moi ben e supuxo unha importante axuda para moitas familias, o que supón unha axuda real en tempos de encarecemento da vida, xa que este bono mensual vai destinado a alimentación, factura luz, auga, calefacción ou vivenda.
– Tamén se destaca o incremento no capitulo de investimentos cun Plan de obras de máis de 120 mil euros destinado a: Rúa Veronza en Ribadavia, Rúa Laxas- Curceiriño en Francelos, así como Santo André, Ventosela, San Paio e a Franqueirán.
Ademais, da aportación municipal do Concello ao Convenio coa Confederación Hidrográfica para a renovación das canalizacións de San Cristovo.
Dereitos Sociais.
Ten un Orzamento de 614.652 euros, tendo 418.500 euros de ingresos e unha aportación municipal de case 200 mil euros de recursos propios.
Destacando o servizo de asistencia no fogar (SAF) do Concello, totalmente público cun orzamento de máis de 350 mil euros. Outros servizos: Xantar na Casa, Programas de Conciliación, axuda Material escolar, ademais do xa mencionado “Axuda de Dereitos Sociais”.
RESUMO ORZAMENTO 2022
– 2.600.000 para persoal e funcionarios, destacando a subida salarial do SMI, 70 euros mensuais, e o 2% a todos. Ademais, reforzase brigada obras, limpeza, e SAF.
– Gasto corrente, 1 millón 395 mil euros.
– Ampliación Ingresos: é posible grazas á participación nos ingresos estado como consecuencia compensación IAE solicitada desde o goberno, que nunca se tiña feito, e liquidación do IVE do 2017, así como tamén a venda dos inmobles do casco histórico. No Capitulo 1, destaca o IBI con máis de 1 millón.