O barrio da Barronca, na rúa Caridade, celebra o entroido con mecos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe abríronnos as portas da súa praza os veciños do barrio da Barronca, na rúa Caridade, en pleno centro do Carballiño. Un pouco escondido ós ollos dos que pasean polas rúas celebran cada festividade con adornos. E neste Entroido non podía faltar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para estas datas crearon unha recompilación de mecos, con diferentes indumentarias, tanto tradicionais galegos coma con guiños extranxeiros.

Está feita ca colaboración de todos, con elaboracións propias. A súa preparación fíxose cumprindo con todas as medidas, e tentando facer algo diferente cada ano.

Ademais, animan a que en todos os barrios se fagan iniciativas entre todos, algo que sería un atractivo para tanto veciños como turistas que se acheguen.