Un falecido e un ferido grave nunha saída de vía en Cortegada

En torno ás 17:15 horas da tarde hoxe, producíase unha saída de vía na estrada OU-801, no punto kilométrico 12. O accidente saldábase cun home falecido, o conductor dun dos vehículos, que rondaba entre os 30 e os 40 anos de idade, veciño de Cortegada. Ademais, tamén se producía un ferido grave.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros do GES de Ribadavia, a Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Cortegada, dúas ambulancias, o helicóptero do 061 e a Garda Civil.

AVANTAR ACTIVIDADES