Ribadavia reforzará o servizo de limpeza

Presenta un novo vehículo de usos múltiples destinado a avarías da rede, e tamén permitirá realizar labores de limpeza.

Esta é unha nova medida do Concello para reforzar a limpeza, despois de que o Pleno aprobara unha modificación da Ordenanza Municipal de Limpeza coa intención de ampliar as medidas de vixilancia e as sancións administrativas a infractores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este Camión multiusos permitirá resolver avarías na rede de saneamento e subministro, e ademais tamén poderá realizar tarefas de limpeza. O Servizo Municipal de Augas e Saneamento de Ribadavia dispón desde hoxe dun camión-cisterna, que ten funcións de camión impulsor e succionador, é un Camión Fuso Canter 3S15 150 c.v. 3500 kg coas seguintes características:

-Cisterna de aceiro inoxidable en dous compartimentos, 1500 litros para augas limpas e 1.500 litros para lodos.

-Boca de home na parte posterior a cisterna con compartimento de lodos abatible

-Visor tubo de nivel de augas limpas en compartimento dianteiro.

-Depresor Battioni Paganni MEC4000H

-Accionamento simultáneo de Bomba e depresor

-Bomba de presión Triplex 150 Bar/96 litros, a 1.200 r.p.m.

-Carrete eléctrico fixo traseiro para 100 m de mangueira de sección ½ .

Desde o Concello estase elaborando un calendario mensual para organizar os traballos deste vehículo en todo o termo municipal, co fin de optimizar a execución dos traballos, o que posibilitará a actuación de tarefas de limpeza en todos os núcleos do municipio de forma regular.

Mañá mesmo comezarase na rúa Ribeiro, unha das rúas nas que máis urxe realizar tarefas de limpeza, e comezarase a limpar todas as rúas e núcleos do municipio, sempre que a climatoloxía e as temporadas de estío da captación de auga o permitan.

Así, o horario habitual será a primeira hora das mañás, sobre as 7.30h, para evitar que a actividade dos veciños se vexa o menos afectada posible, aínda que isto tamén dependerá da climatoloxía, así mañá, e nos días de inverno, farase nun horario cara o mediodía.

Desde o Concello cremos que este novo recurso municipal repercutirá moi positivamente na mellora da limpeza das rúas de Ribadavia.